A irrupción de Jesús Lence no sector lácteo produciuse, como a el mesmo lle gustaba contar, por «unha casualidade do leite».
Tras verse a piques da ruína na súa primeira aventura empresarial, o noso fundador aceptou tres camións cisterna para transportar leite como pagamento dun cliente. Así foi como o que semellaba o final pasou a ser o principio do seu maior triunfo empresarial e o punto de partida do gran grupo que Lence constitúe hoxe en día.
O seu éxito non foi froito da casualidade, senón de vivir os seus valores: coraxe para ser un mesmo, persistencia para acadar as metas, iniciativa para facer que as cousas sucedan e colaboración, porque xuntos chegamos máis lonxe.
As nosas actividades son esenciais para impulsar a economía galega: preocupámonos pola creación de emprego de calidade e proporcionamos bens e servizos fundamentais para a poboación.
Nacemos en Galicia, as nosas empresas desenvolven a súa actividade nesta terra e mantemos a ilusión de facer crecer tanto o noso equipo como os logros da nosa compañía. Dende sempre priorizamos o noso apoio ás comunidades locais potenciando o desenvolvemento rural e fomentando a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente.