O Hotel Forum Ceao ofrece espacios coworking para teletraballadores e empresas
- O establecemento está acreditado como Local Seguro contra o Covid-19
- Dispón de varios postos de traballo, oficinas e salas polivalentes para atender calquera demanda profesional ou empresarial
O antigo Hotel CEAO Express acaba de transformarse para converterse en Forum CEAO, cunhas actualizadas instalacións que ofrecen o novo servizo ‘Coworking Forum’. Trátase dunha prestación que supón a reconversión de espazos do establecemento para ser usados por teletraballadores e empresas que necesiten salas de reunións ou espazos para eventos.
Con esta iniciativa, a dirección de Forum CEAO pretende dar servizo ás empresas que optaron polo traballo en remoto para asegurar a saúde dos seus traballadores e ao mesmo tempo entenden as dificultades que para algúns deles ten o instalar a súa oficina en casa debido á falta de espazo, privacidade ou recursos.
O espazo “Coworking Forum” ofrece aos teletraballadores a oportunidade de traballar nunha contorna agradable con todas as comodidades dun hotel, nun ambiente seguro, grazas ás garantías de limpeza que proporcionan os esixentes estándares de Forum CEAO, establecemento acreditado como Local Seguro contra o Covid-19.
Espazos polivalentes
O “Coworking Forum” conta con diversos postos de traballo, así como oficinas e salas polivalentes capaces de atender calquera demanda de carácter profesional ou empresarial. Este espazo pódese reservar a través da web https:// forumceao. com/coworking/ ou chamando por teléfono ao mesmo hotel, e está dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para profesionais ou empresas externas.
Con dúas modalidades de aluguer, puntual ou regular, o coworking Forum conta ademais con cómodas áreas comúns con sofás, mesas e máquinas expendedoras capaces de converter os descansos dunha dura xornada de traballo en momentos de #gozar e pracer.
O coworking ofrece a posibilidade de alugar ata catro espazos independentes. O primeiro deles, de 33 m2, conta con proxector e cadeiras tipo escola con capacidade para 40 persoas. A segunda das salas ten 21,5 m2 e pantalla de TV de 43’’ con posibilidade de dispoñer doutros medios audiovisuais para facer máis efectivas as reunións, mentres que os espazos 3 e 4, de 15 m2, resultan máis flexibles á hora de poder acoller reunións de grupos pequenos ou sesións individuais a modo de despachos de traballo. O coworking Forum tamén conta cun espazo cociña, no que poder celebrar cursos e eventos gastronómicos.
Outros servizos
Os usuarios, ademais de gozar de Wifi de alta velocidade e impresora entre outros servizos, teñen á súa disposición o restaurante Terra e as instalacións do Ximnasio Forum, para ofrecerlles a máxima comodidade á hora de gozar dunha excelente comida e instalacións deportivas sen ter que desprazarse, aproveitando ao máximo o seu tempo.
Todas as instalacións contan con luz natural e a separación necesaria entre postos para respectar a distancia social. O Hotel Forum Ceao adoptou os estándares de limpeza que o acreditan como establecemento seguro contra o Covid-19 e instalou numerosas estacións de xel hidroalcóhólico ao dispor dos seus clientes.