O apoio a entidades locais está no noso ADN dende os inicios do Grupo Lence. Ao longo dos anos, vimos colaborado con entidades deportivas, clubs, asociacións veciñais e culturais para que poidan seguir levando a cabo o seu labor dinamizador no ámbito local.
Dende o patrocinio dun dos deportes máis tradicionais de Galicia, como é o remo, centrado no club de remo Ares, ao renovado apoio ao baloncesto, da man do CB Leche Río Breogán, o Leyma Basquet Coruña e o Ensino de Lugo.
A promoción do atletismo concrétase na colaboración para a organización de carreiras populares en toda Galicia: a 5K Leyma, carreira solidaria contra o cancro da Coruña; o apoio á Federación Galega de Atletismo por sexto ano consecutivo coa Liga Running Leyma É para Correr… Lugo, que no 2020 chega á súa sexta edición con 7 probas noutros tantos concellos, e a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a Carreira Campus Terra Leyma, en Lugo.
O apoio ao deporte galego do Grupo Lence plasmouse tamén nos patrocinios do RC Deportivo e o CD Lugo, o club ciclista Leyma A Coruña e o Rally San Froilán, esponsorizando os irmáns Vallejo, ademais da propia proba puntuable para o Campionato Galego.
Son só algúns exemplos do noso compromiso coa sociedade galega, que tamén nos leva a colaborar de forma continuada cos Bancos de Alimentos da Coruña e Lugo, Cruz Vermella e outras asociacións sen ánimo de lucro que traballan con persoas e familias en risco de exclusión social en Galicia.