Leyma reposiciona a súa marca para defender o valor de consumir leite galego en Galicia 

  • O 40% do leite que se produce en España é galega; con todo, na propia comunidade galega, só a metade deste 40% pertence a empresas 100% galegas.
  • Leyma, como marca emblemática do leite galego, recupera a tradición nunha nova etapa na que quere defender o valor de consumir leite producido e transformado en Galicia nun momento de grandes incertezas para as ganderías.
  • Vén acompañada polo lanzamento dunha nova imaxe na que, por aclamación popular, se recupera a emblemática vaquiña que acompañou a marca dende a súa creación en 1962.

Leyma, empresa que forma parte do Grupo Lence, comeza unha nova etapa na que persegue, a través da tradición, seguir a defender o valor de consumir leite 100% galego. Para esta nova etapa, a compañía recupera a súa emblemática vaquiña, que acompañou a Leyma dende a súa creación no ano 1962, e que será a protagonista do packaging da gama de produtos (xa dispoñible nalgúns puntos de venda).

Desde a súa fundación fai 60 anos, Leyma contribúe a que o 40% da leite consumida en España sexa de orixe galego. Con todo, na propia comunidade galega, só a metade deste 40% pertence a empresas 100% galegas.

Esta marca histórica ten un compromiso co sector lácteo galego, xunto co cal busca apoiar os gandeiros e gandeiras nun momento de grandes incertezas para o sector lácteo e o campo de Galicia.

Dado o compromiso de Leyma coa orixe, e a vinculación de esta coa marca, a compañía decide recuperar a súa imaxe emblemática por aclamación popular.

Se algo representa aos galegos é o orgullo e o respecto que sentimos polo noso, e Leyma é un exemplo de vinculación co territorio que leva acompañando os consumidores dende 1962”, explicou a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence. “Volver á vaquiña dos inicios da compañía non é máis que o resultado dunha escoita activa dos nosos consumidores, que vinculan a marca coa familia, convertendo a Leyma nunha parte fundamental do seu día a día”.

Neste sentido, Leyma busca evocar a infancia de moitos galegos e galegas a través da súa historia, así como achegar a tradición e a orixe as novas xeracións. “Queremos que Leyma siga sendo unha marca inspiradora reflexo da conexión do pasado co futuro, manifestando un compromiso coas familias galegas, e sendo o leite de sempre, para os de sempre, para sempre”.

A compañía busca recuperar a tradición que hai detrás dun produto de primeira necesidade como é o leite, coa sostibilidade do sector e a necesidade de apostar polo produto local: a única maneira de manter vivo o sector lácteo galego.

Tags: