Carreira popular 5k Leyma contra o cancro

Grupo Lence patrocinou a carreira popular 5k Leyma da Coruña, celebrada o 12 de outubro de 2019. Trátase dunha carreira solidaria contra o cancro na que participaron 800 corredoras e corredores nun percorrido de 5 quilómetros polo Paseo Marítimo da capital herculina. Pablo Bocelo proclamouse vencedor da categoría absoluta masculina e Paula Soto foi a primeira en cruzar a meta na categoría absoluta feminina.

O compromiso do Grupo Lence co atletismo galego concrétase non só nesta proba, senón tamén na colaboración para a organización de carreiras populares en toda Galicia, como a Liga Running Leyma É para Correr… Lugo, que no 2020 chega á súa sexta edición con 7 probas noutros tantos concellos, así como na colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a Carreira Popular Campus Terra Leyma, en Lugo.

Máis información 5K Leyma