Carmen Lence accede ao Consello de Administración do Leche Río Breogán

Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence, é dende hoxe novo membro da directiva do Leche Río Breogán, xunto con Alfonso Orol, Narciso Fernández e o director xeral do club, Tito Díaz, baixo a presidencia de José Antonio Caneda.

O patrocinio do CB Breogán de Lugo é un compromiso do Grupo Lence, a través da súa marca Leche Río, co deporte de base lucense. Ao longo dos anos, Grupo Lence vén colaborando con entidades deportivas, clubs, asociacións veciñais e culturais para que poidan seguir levando a cabo o seu labor dinamizador no ámbito local. Dende o patrocinio dun dos deportes máis tradicionais de Galicia, como é o remo, centrado no club de remo Ares, ao renovado apoio ao baloncesto da man do CB Leche Río Breogán e o Leyma Basquet Coruña ou o atletismo.